HOLANDA VOLVE A RENDERSE Á OFERTA GASTRONÓMICA DO GROVE
Fecha: 2020-06-15
A revista holandesa de turismo especializada en España ESpanje publicou no seu número físico de abril (recibido a pasada semana no Concello do Grove) unha ampla reportaxe sobre as bondades gastronómicas do Grove. O Concello establecera contacto con esta revista durante a presentación da Festa do Marisco en Ámsterdam, cando xa publicara unha reportaxe sobre o evento, ao tempo que os seus redactores manifestaron o seu interese polas peculiaridades gastronómicas da localidade.
A revista dedica seis páxinas a falar do Grove e os procesos de produción de mexillón, ilustrando o texto con imaxes dos produtores locais. A información complétase con outras seis páxinas nas que se recollen receitas con produtos do Grove, como o propio mexillón, polbo, ameixas, etc. Dende o Concello do Grove, como vén sendo habitual, facilitouse o contacto e a consecución do material preciso para a realización desta reportaxe que, sen dúbida, lle dá presenza á nosa localidade nun importante destino europeo.