Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONSEGUIU ENTREGARLLE 250 MÁSCARAS Á MOCIDADE DA LOCALIDADE

Fecha: 2020-06-15

 

O lema da campaña é “Faino por ti, faino por eles (polos teus amigos, amigas e o teu contorno). Usa máscara!”.

 

O traballo realizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración cos ANPA a pasada semana para o reparto de máscaras entre a poboación infantil e xuvenil do concello saldouse co reparto de 250 máscaras. A distribución foi realizada o mércores e o xoves na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente e na Casa do Concello, respectivamente. Ademais da máscaras, as mozas e os mozos recibiron unha nota onde se tentaba concienciar sobre os perigos que ocasiona o feito de non usalas, xa que unha porcentaxe de 80% de xente nova infectada polo coronavirus non presenta síntomas, pero si capacidade de contaxio. O lema da campaña é “Faino por ti, faino por eles (polos teus amigos, amigas e o teu contorno. Usa máscara!”.