Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN PERMITE O PAGAMENTO DUNHA NOVA ANUALIDADE DO APARCADOIRO DE ENTREHORTAS

Fecha: 2020-06-17

A compra deste terreo, hai xa tres anos, está sendo aboada grazas aos fondos da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

 

A compra do terreo que permitiu crear o aparcadoiro público de Entrehortas foi realizada hai xa tres anos. O custo total deste investimento foi de 325.000 euros, que se dividiron en catro anualidades: a primeira de 100.000 euros e as tres restantes de 75.000 euros. Deste xeito, as anualidades achegadas ata o de agora foron sufragadas a través da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Ao tratarse dun gasto previsto, a entidade provincial xa ten liberados os fondos para o pagamento deste ano, que se fará previsiblemente nos vindeiros días.

 

Lembramos que se trata dun terreo de 2.000 metros cadrados que foi adecuadamente condicionado posto á disposición das persoas usuarias tras a humanización da rúa Castelao, de tal xeito que as prazas de aparcadoiro dispoñibles nesa rúa foron substituídas polas deste aparcadoiro, que as incrementou en catro. De todos os xeitos, o Concello do Grove incide en que este é un espazo que haberá que continuar desenvolvendo e mellorando. Así, está prevista unha actuación de ampliación da zona de acceso ao lado da farmacia, actuación que xa está programada, pero pendente das autorizacións de Patrimonio por ser unha zona protexida. Agárdase ampliar este acceso a unha distancia de entre seis e oito metros para permitir a accesibilidade peonil e de tráfico. Tamén se traballa na consecución de máis metros de aparcadoiro na zona.