AS SALGADEIRAS DE MOREIRAS AMPLÍAN O HORARIO DE VISITAS
Fecha: 2020-06-19
As visitas seguirán sendo realizadas con cita previa, pero haberá máis horarios para realizalas.
Dentro do plan de desescalada, o Concello do Grove ampliou esta semana os horarios de servizo do Museo da Salga para seguir garantindo a seguridade e a confianza tanto do seu persoal como das persoas visitantes, garantindo asemade o desfrute deste espazo. O Plan gradual de apertura destes espazos, optimizando os recursos humanos e materiais dispoñibles, permitirá seguir atendendo o público con garantías e controlar o acceso ás instalacións, ademais de cumprir coas normas sanitarias establecidas.
Deste xeito, o novo horario establécese de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas, sendo precisa cita previa a través do teléfono 608 216 963 ou do correo museo@concellodogrove.es. Tal e como se informou nas pasadas semanas, cómpre empregar máscara, manter a distancia interpersoal de 1,5 metros e evitar aglomeracións; medidas das que as persoas visitantes serán informadas polo persoal do museo. Na súa visita, o público asistente atopará as indicacións correspondentes sobre estes temas coa correspondente cartelería.