Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Subvencións para as asociacións culturais

No BOP de onte, 17 de novembro, sae publicada a convocatoria que ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan asociacións culturais sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello do Grove, e dirixidas á poboación en xeral.

Prazo para solicitalas: 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases.

Consulte aquí o texto completo da convocatoria.


Todas as novas