Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE AVANZA EN ADAPTAR A ESCOLA DO MONTE DA VILA ÁS NECESIDADES DO PROGRAMA VELLOS TEMPOS

Fecha: 2020-07-06

 

O espazo xa foi acondicionado interiormente e será agora sometido a obras de mellora da zona exterior grazas ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

O Concello do Grove informa de que as obras de mellora e adaptación da Escola do Monte da Vila para poder contar cun espazo para o desenvolvemento do programa Vellos Tempos están cada vez máis avanzadas. Durante a execución das obras de mellora internas detectouse que a situación do pavimento era peor do que se previra, polo que se realizou unha modificación do proxecto inicial coa que se reduciron os gastos de climatización —que eran bastante elevados— e se destinou ese aforro a lixar e mellorar o chan.

 

Ademais desas melloras, o Plan Concellos do ano 2020, cuxas solicitudes foron tramitadas estas semanas, contará cun orzamento de 46.175 euros destinados a realizar unha conexión de saneamento, xa que, sorprendentemente, a que había estaba nun estado lamentable dende a creación desta escola, sen que fora coidada durante anos anteriores. Alén do saneamento, tamén se mellorará a contorna, con novas beirarrúas e o acondicionamento da horta, algo que, sen dúbida, contribuirá ao benestar das persoas usuarias deste servizo.

 

Deste xeito, a pesar dos atrasos sufridos durante o período de pandemia, agárdase que este novo espazo poida estar dispoñible o antes posible, o que mellorará notablemente as condicións materiais en que na actualidade se desenvolve o programa Vellos Tempos e contribuirá, asemade, a poder atender a súa demanda e a lles dar máis opcións de actividades ás persoas usuarias deste.