Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove comezará a impoñer sancións pola circulación indebida nas rúas peonís

Fecha: 2020-07-14

Tense observado un reiterado incumprimento nas rúas peonís da localidade polo que se iniciará unha campaña de sancionamento.

 

O Grove, 14 de xullo de 2020.- As veciñas e veciños da rúas peonís do centro do Grove teñen manifestado a sú preocupación polos continuos incumprimentos dos conductores ao circular por rúas nas que se atopa prohibido expresamente. Deste xeito,  dende o Concello do Grove  e a partir de maña, mércores, comezarase unha campaña de sancionamento para frear estes comportamentos. Esta medida irá acompañada da colocación de sinais de maior tamaño para evitar confusións, se ben os datos iniciais indican que os incumprimentos son realizados maioritariamente por persoas da localidade.

 

Dende o Concello do Grove quere incidirse na gravidade de circular por rúas ás que só poden acceder residentes e a velocidade moi reducida, xa que a finalidade das mesmas é darlle prioridade aos peóns, contando con espazos cómodos para o tránsito das persoas e do acceso aos centros comerciais e locais. As Rúas nas que se centrarán os esforzos son Luís Seoane e Jaime Solá