Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE PON EN MARCHA ACTIVIDADES DEPORTIVAS GRATUÍTAS AO AIRE LIBRE

Fecha: 2020-07-22

O Concello do Grove iniciou onte luns as actividades deportivas de verán que este ano se adaptan ás circunstancias excepcionais que estamos vivindo. Deste xeito, os luns e mércores ata finais de agosto (excepto o 27 de xullo e o 3 e 5 de agosto) comezará o “Jumpverán”, que consistirá na práctica de Body Jump na explanada do Corgo. Esta disciplina combinarase co “Zumbaverán”, con clases de zumba os martes e os xoves. Ambas as actividades comezarán ás 20.30 horas e contarán cun máximo de 25 persoas cada unha, sen que sexa precisa inscrición previa. Para o desenvolvemento desta actividade será obrigatorio o emprego de máscara de protección e recoméndase levar unha toalla e auga para hidratarse.

 

Andainas

 

Lembramos que estas actividades se suman ás andainas que xa levan semanas organizándose e que teñen lugar os martes (10 quilómetros), xoves (8 quilómetros) e venres (5 quilómetros), con saída ás 5 da mañá dende o Concello e con percorrido por distintos lugares da vila. Estas andainas están tendo unha moi boa acollida entre a veciñanza da localidade.

 

Todas as actividades deportivas son de balde e axústanse ás medidas establecidas para garantir a seguridade e a protección tanto dos monitores e monitoras como das persoas que participan. Máis información no teléfono 607 112 333.