Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE DEMANDA QUE ADRO VELLO NON VOLVA SUFRIR AS CONSECUENCIAS DOS ENFRONTAMENTOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS

Fecha: 2020-08-28

 

O Concello do Grove faralle fronte a un investimento previo para evitar que a discusión entre as administracións volva deixar de lado a actuación no xacemento.

 

A Deputación de Pontevedra incluíu o xacemento de Adro Vello no proxecto subvencionado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, xunto con outros xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra. De feito, o contrato para a restauración e musealización destes xacementos foi adxudicado no mes de maio, o que supón, sen dúbida, unha das mellores novas para o patrimonio local do Grove en décadas. O xacemento de Adro Vello sofre unha preocupante deterioración froito das disputas e discusións entre as administracións que, teoricamente, teñen as competencias ao respecto. Deste xeito, a Xunta de Galicia é a responsable do coidado e da explotación dos xacementos, mentres que a Deputación de Pontevedra era a encargada do seu mantemento.

 

Así pois, as únicas intervencións realizadas no xacemento nos últimos anos foron as rozas que anualmente realiza a Deputación. Sen máis coidados que a retirada da vexetación, a Xunta interviu de urxencia no perímetro do xacemento tras danos producidos no inverno. Ante esta situación, a inclusión de Adro Vello no proxecto de Ministerio supón unha verdadeira oportunidade de recuperar o patrimonio perdido e un recoñecemento da historia da nosa localidade.

 

Malia o positivo de todo isto, esta semana xurdiu un novo problema, xa que a intervención non comezará se non se garante a seguridade da zona; algo que require a colocación de sacos de area e outros elementos de suxeición. A Xunta de Galicia comprometérase a realizar a referida intervención, pero chegado o momento indícase que deberá facelo a Deputación de Pontevedra. Vista a lentitude dos avances ao respecto e o condicionamento da subvención por este feito, o Concello do Grove asumirá esta actuación (inda que non ten competencias ao respecto) para evitar que Adro Vello se volva a ver prexudicado por cuestións administrativas, ao tempo que se solicita a implicación da Xunta de Galicia neste proxecto, a pesar de que fora solicitado pola Deputación.