Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Oferta de emprego

Fecha: 2010-11-29

 

A Concellería de Limpeza e Seguridade Cidadá do Concello do Grove informa de que, tendo en conta os efectos da actual conxuntura económica sobre o mercado de traballo e as dificultades económicas e financeiras polas que pasan algúns concellos da provincia, a Deputación Provincial puxo en marcha o Plan Provincial de Emprego 2011, que concede 5 traballadores para este concello por un período de seis meses, coa finalidade de levar a cabo o acondicionamento, limpeza e mellora das zonas do municipio que precisen estes labores, así como a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral como medida de asistencia e cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social da provincia.

 

A selección deste persoal realizarase a través do Servizo Público de Emprego conforme os principios de mérito e capacidade. Os contratos formalizaranse a partir do 1 de febreiro e por un período de seis meses.