ADXUDICADAS AS OBRAS DE MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE REBOREDO E ARDIA
Fecha: 2020-09-14
Estas melloras están subvencionadas dentro dun programa da AGADIR para a recuperación de antigos camiños da localidade.
O Concello do Grove acaba de adxudicar as obras de mellora dos camiños rurais situados en Reboredo e Ardia. Trátase dunha intervención que terá un custo de 30.630 euros e que busca recuperar os antigos camiños de entrada á localidade. A Xunta de Goberno Local adxudicoulle estas obras á empresa Logística Cambados, que foi a que propuxo a mellor oferta entre as tres que se presentaron. Logo da adxudicación, tan só é preciso que se formalice o contrato para que poidan poñerse en marcha as obras.