Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLA FALTA DE COIDADO NOS ESPAZOS PÚBLICOS DA LOCALIDADE

Fecha: 2020-09-14

 

Nos últimos días tense detectado un incremento do depósito de residuos en parques e pistas.

 

O servizo de limpeza do Concello do Grove ten atopado nos pasados días moitos casos de sucidade acumulada nos parques e pistas deportivas da localidade. Trátase de lixo deixado polos usuarios e que supón un problema de sucidade que non pode ser tolerado e que resulta especialmente grave no momento actual. O Concello do Grove lembra que as ordenanzas actuais recollen penalizacións para estes comportamentos e insta a veciñanza a que colabore en evitar que se produzan estes feitos.

 

O descoido dos espazos públicos supón un prexuízo para todos e todas e implica a deterioración dos materiais e a perda de recursos, polo que debemos estar implicados na limpeza, coidado e mantemento dos lugares en que se produce a convivencia de persoas de todas as idades.