Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

A Mesa sobre Violencia de Xénero reforzará a información aos colectivos e ás ANPA

O Concello reuniu esta mañá as forzas de seguridade do municipio, Policía Local, Garda Civil, representantes da Subdelegación do Goberno, representantes do Centro da Información da Muller, e responsables das concellerias de Educación, Seguridade e Igualdade, para repasar e debater sobre a situación da violencia de xénero na nosa localidade.

Entre outras cuestións, repasouse o protocolo de actuación para estes casos e redactarase outro máis actualizado. Por outra banda, tamén se acordou crear mesas de traballo para informar sobre o tratamento destes casos ao Consello Local da Igualdade, e unha mesa especifica para informar as ANPA e os centros escolares sobre a situación na xente nova.

O primeiro tenente de alcalde recoñeceu a importancia destas mesas para levar un seguimento coordinado sobre a violencia de xénero no concello e, segundo dixo, “o goberno está apostando por este tema e queremos que cada vez se conciencie máis a xente, para iso é fundamental a colaboración de todas as administracións e colectivos sociais”.


Todas as novas