O GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA RECLAMARLLE FORMALMENTE OS GASTOS DA COVID-19 Á XUNTA DE GALICIA
Fecha: 2020-09-26
A moción será presentada no Pleno do mes de setembro e agarda que sexa apoiada por todas as forzas locais.
O Grupo de Goberno do Concello do Grove elaborou unha moción na que expón a problemática existente no relativo aos custos derivados do protocolo imposto pola Xunta de Galicia para a volta ao colexio. Neste documento infórmase de que a atención ás necesidades xeradas para facerlle fronte á pandemia deben ser asumidas pola Xunta de Galicia, como titular das competencias en educación. Deste xeito, os custos de limpeza e mantemento que son asumidos polos concellos non poden verse incrementado polo deixamento de funcións do ente autonómico, que debe asumir os custos dos protocolos de seguridade. O Concello do Grove mantén o esforzo e o compromiso por manter a seguridade e a saúde dos rapaces e rapazas da localidade e da veciñanza, pero, tal e como se está advertindo dende moitos concellos de Galicia, é preciso que a Xunta colabore e asuma a súa parte.