Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Aforro na factura da luz

O Concello do Grove a través da Oficina Municipal de Información ó Consumidor lembra as diferentes vías para poder aforrar na factura da luz.

Nesta ocasión en colaboración co Instituto Galego de Consumo.

Na OMIC, sita na r/Castelao, 173 Baixo, informaráselle sobre ditas vías,en caso de que a súa situación permita acollerse a elas.

 Información básica:

1.- Se a potencia contratada é superior a 10Kw, debemos cantratar a subministración de luz cunha comercializadora no mercado libre, xa que se non se fai aplicarán un recargo do 20%

2.-Se temos menos de 10Kw podemos ir ao mercado libre ou quedarnos na chamada tarifa de último recurso (TUR). Tarifa regulada pola administración.

No caso de estar na TUR e ademais estase nalgunha das seguintes situacións:

-Potencia contratada inferior a 3Kw

-Pensionista con prestacións mínimas

-Ser familia numerosa

-Fogar no que todos os seus membros estean en situación de desemprego.

Teñen dereito a solicitar o Bono Social que consiste na conxelación da tarifa vixente dende o 1 de xullo de 2009 e durante 2 anos.

Para ver folleto informativo piche aquí

Para información:

OMIC, r/Castelao, 173 baixo

986730609

omic@concellodogrove.com


Todas as novas