Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2021-2022)

O Concello do Grove convoca un ano máis estas axudas municipais dirixidas a educación infantil, ensino primario e ensino secundario obrigatorio (ESO).

Concederanse tendo en conta o nivel de ingresos e será requisito indispensable residir e estar escolarizado/a no Grove en centros sostidos con fondos públicos.

Xunto coa solicitude as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai/nai/titor/a).
  • Fotocopia do libro de familia (de todas as follas)
  • Volante de empadroamento familiar
  • Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente, declaración da Renda do exercicio 2020)
  • Xustificante de matrícula
  • Contrato/recibo do alugamento da vivenda ou do pagamento da hipoteca
  • Outros documentos que apoien a petición

A antedita documentación deberá entregarse no Rexistro municipal (Edificio administrativo do Concello, rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, baixo).

O PRAZO DE SOLICITUDE estará aberto DO 1 AO 30 DE XUÑO DE 2021.

Pode descargar o impreso de solicitude para estas axudas premendo aquí>


Todas as novas