Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA CONCILIAGROVE

Debido ao elevado número de prazas que quedaron vacantes, o Concello do Grove decidiu abrir, desde hoxe e ata o día 22 de xuño, un novo prazo para matricularse nesta actividade de conciliación familiar.

Lembramos que o programa ConciliaGrove se vai desenvolver nos meses de xullo e agosto, e está dirixido a nenas e nenos nacidos entre 2015 e 2017 empadroados no Concello do Grove.

Co fin de cubrir o maior número de prazas, este novo prazo de inscrición está aberto a todas as nenas e nenos da localidade, sen necesidade de que neses meses traballen ambos os proxenitores.

As solicitudes de inscrición presentaranse na OMIX, situada no segundo andar da Casa do Concello, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h.


Todas as novas