Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

AVISO IMPORTANTE: NOVO CRIBADO ANTI-COVID NO GROVE PARA A POBOACIÓN DE CALQUERA IDADE

O vindeiro LUNS 2 DE AGOSTO o Sergas instalará no PAVILLÓN DE DEPORTES VELLO DO MONTE DA VILA un PUNTO DE ACCESO A TEST DE ANTÍXENOS que estará en funcionamento en HORARIO DE MAÑÁ E DE TARDE (de 9.00 a 20.30 h).

Este novo cribado poboacional é PARA CALQUERA PERSOA, SEN LÍMITE DE IDADE.

Xa se pode SOLICITAR A CITA na seguinte ligazón:

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/

As persoas anotadas recibirán cita individualizada por SMS o día anterior á proba.

TAMÉN SE PODERÁ ACUDIR SEN CITA, pero TERÁN PRIORIDADE AS PERSOAS QUE TEÑAN CITA previa.

A proba é INDOLORA e DE BALDE e en 15 minutos xa se saberá o resultado. SE É NEGATIVO, FACILITARÁSELLE Á PERSOA PARTICIPANTE UN CERTIFICADO SERGAS DE TEST DE ANTÍXENOS NEGATIVO ou o acceso á plataforma É-Saúde.

Criterios excluíntes: persoas que superasen a Covid-19 nos 6 meses anteriores, que estean actualmente en illamento ou en corentena.


Todas as novas