Xornadas de seguridade viaria para escolares
Fecha: 2011-01-19
A rapazada meca terá a ocasión de coñecer de primeira man como traballa a Policía Local do municipio no que se refire á seguridade viaria.
Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Educación e de Seguridade Cidadá coa que se pretende concienciar a xente nova no referente á circulación responsable.
A actividade, que se desenvolverá en varios centros educativos da localidade, consistirá nunha xornada de portas abertas en que os axentes lles amosaráns ás rapazas e rapaces o funcionamento de etilómetros e sonómetros, e o significado dalgúns sinais; asemade informaranos sobre comportamentos cívicos relacionados coa educación viaria.