Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL JOSÉ SILVA TORRES INICIA AS CLASES

Fecha: 2021-09-01

 

O Concello do Grove abre mañá xoves o prazo de matrícula.

 

O Concello do Grove informa de que mañá comeza o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal José Silva Torres. A previsión é de que os cursos se desenvolvan entre o 20 de setembro e xuño do ano próximo. Lembramos que se conta con clases adaptadas por idades en música e movemento, teorías musicas e, por suposto, en gran variedade de instrumentos, como piano, violín, guitarra, violonchelo ou distintas percusións.

 

A oferta mantense igual que nos cursos anteriores, se ben as clases serán adaptadas aos requisitos necesarios no relativo á seguridade fronte á pandemia. Ao igual que o curso pasado, seguiranse estritamente todas as normas de seguridade requiridas pola Covid-19, polo que será unha actividade totalmente segura e na que as persoas participantes poderán gozar coa aprendizaxe das distintas disciplinas musicais con total confianza.

 

O prazo de inscrición comeza mañá xoves 2 de setembro e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 

Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo aquí>