O CONCELLO DO GROVE RECIBE NA OFICINA DE TURISMO DA PRAZA DO CORGO MÁIS VISITANTES CA NO MES DE AGOSTO DE 2019
Fecha: 2021-09-08
A Oficina de Turismo do Grove recibiu nas súas instalacións un total de 6.247 visitantes no mes de agosto, repartidos en 2.126 consultas presenciais. Estas cifras superan en máis de 1.000 visitantes as acadadas en agosto do ano pasado, a pesar de que esta oficina estivo pechada durante 6 días e medio por motivos sanitarios. Así pois, de non suceder isto, e vista a tendencia deses días, teríanse mesmo superado as cifras obtidas en 2018, cando non existía ningunha restrición relacionada coa atención presencial como na actualidade, na que se limita a unha soa consulta de cada vez dentro da oficina.
En relación coa procedencia, a Comunidade de Madrid é o principal mercado emisor, seguida do País Vasco, Cataluña, Castela e León e Andalucía. Tomando como referencia a provincia, Madrid resulta ser, loxicamente, a que conta cun maior número de visitantes, seguida das provincias de Barcelona, Biscaia, Guipúzcoa, Zaragoza e Alacante.