Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS CLASES DE PÁDEL MUNICIPAIS 2021-2022

Fecha: 2021-09-16

 

Un curso máis o Concello do Grove abre o prazo para inscribirse nas clases de pádel municipais. Impartiranse en función do nivel do alumnado, de luns a venres en horario de mañá e tarde.

 

Quen queira inscribirse neste servizo municipal pode facelo no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, a partir de mañá venres 17 de setembro.

 

As clases iniciaranse en outubro e seguen todos os protocolos para previr a Covid-19.

 

 

Folla de inscrición>