Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de preinscrición para un curso de galego (Celga 4) no Grove

Fecha: 2011-01-20

 O Concello do Grove, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), abre o prazo de preinscrición para un Celga 4 que se desenvolverá na nosa localidade antes de xuño de 2011(sempre que o conceda a Secretaría Xeral de Política Lingüística).

 

As persoas interesadas poderán formalizar a súa preinscrición, ata o 28 de febreiro de 2011, no SNL do Concello (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, baixo) ou no teléfono 986 733 190, de luns a venres e de 9.00 a 13.00 h.

 

Poden consultar aquí os cursos e niveis (Celga 1, 2, 3 e 4) xa convocados pola SXPL na provincia de Pontevedra para 2011.

 

Máis información: