Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO DA EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DA TERCEIRA IDADE DO GROVE.

Fecha: 2022-03-01

 

 

📌 Este é a terceira vez que o Concello saca a licitación o servizo, sen que se presentase ningunha solicitude nas dúas anteriores ocasións.

 

📣 O Grove, 28 de febreiro de 2022.- O Concello do Grove ven de sacar a licitación a Contratación por procedemento aberto da explotación do ☕ Servizo de Cafetería do Centro Social da Terceira Idade.

 

Esta é a terceira vez que se saca a licitación esta contratación, sen que se presentase ningunha oferta nas dúas anteriores ocasións. O obxecto do contrato é a explotación do ☕ servizo da cafetería do centro social da Terceira Idade sito na Avda. Hermanos Otero Goday do Grove mediante tramitación ordinaria.

 

As persoas e empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratación SILEX. A ⏳ data límite para presentar as solicitudes é o 28 de marzo ás ⏰ 23.59 h. Pódese acceder á toda información sobre o procedemento no seguinte enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp