Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove apraza o desfile do Martes de Entroido para o sábado 5 de marzo

Fecha: 2022-03-01

 

📌 O Grove, 1 de marzo de 2022.- O concello do Grove apraza o desfile do Martes de Entroido para o vindeiro sábado 5 de marzo por mor das malas previsións meteorolóxicas e o enterro da Sardiña para o domingo 6 de marzo.

 

  📌No comunicado enviado o luns 28 de febreiro sobre o aprazamento das actividades en Entroido cometeuse un erro na  nova data de celebración do 🎉🎭🎩 Desfile de Disfraces.

 

Así pois, o🎉🎭🎩 Desfile de Disfraces terá lugar a partir das ⏱ 17.00 h do sábado 5 de marzo co percorrido seguinte: saída dende a Praza do Corgo, Rúa Pablo Iglesias, Cruce, Rúa Castelao, Avenida de Beiramar, rematando o desfile na Praza do Corgo.

 

 

Haberá 🎵🎶🎤 animación musical na Rúa Castelao con Dj e a entrega de 🥇🏆🏅 Premios terá lugar o mesmo día ás 20.00 h na Rúa Castelao.

 

✍✍✍ As inscricións poderán realizarse de dúas formas: Inscrición en formato electrónico ou Inscrición presencial antes do comezo do desfile na mesa da organización, que estará situada na Casa do Concello dende as ⏰ 15.30 h ata as 16.40 h.

 

🐟 O enterro da Sardiña terá lugar o  domingo 6 de marzo a partir das 20.30 h. A comitiva fúnebre sairá da Praza do Corgo ás 20.30 h e percorrerá a Rúa Pablo Iglesias, Rúa Castelao, Rúa Seoane ata a explanada da Praza do Corgo, onde será incinerada.

 

 

👩‍⚕️👨‍⚕️👩‍⚕️👨‍⚕️ Para poder cumprir a normativa sanitaria de “prevención da infección polo virus SAR-COVI-2 na Comunidade Autónoma de Galicia ante a Festividade do Entroido” publicada pola Xunta de Galicia, será obrigatorio o uso da máscara en todo momento para o público e os asistentes, excepto para a rapazada menor de 6 anos.

 

Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas e animamos a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido.