ACTIVIDADE TAICHI TERAPEUTICO
Fecha: 2022-03-07
O Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes vai impartir a partir do 15 de marzo, clases de taichí terapéutico os martes e xoves no Pavillón do CEIP Rosalía de Castro en horario de 20:00 a 21:00 h ou de 21:00 a 22:00 h, segundo a demanda. A actividade realizarase sempre que haxa un mínimo de 10 persoas.
Trátase dunha actividade que na súa práctica garante progresivamente un equilibrio psicosomático, logrando unha maior harmonía cun mesmo e coa nosa contorna, permitindo remediar os desequilibrios das condicións nas que vivimos. Ten moitos e diversos beneficios como a:
Mellora da función cardíaca e da presión arterial, diminución da rega de padecer enfermidades cardiovasculares, baixa os niveis de colesterol, mellorase a respiración e o soño, regula o peso, diminúe o risco de osteoporose e mellora as articulacións.
As persoas interesadas en participar na actividade deberán inscribirse no Rexistro do Concello a partir do martes do 8 de marzo en horario de 9:00 a 14:00 h.
Folla de incripción
concellodogrove.es/pdf/ACTIVIDADESDEPORTIVASCURSO2021.pdf