Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

DITAMINADOS OS PREMIOS DO XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Fecha: 2022-03-28

As fotos finalistas poderanse ver ata o 15 de abril nunha exposición na Casa do Concello.

 

O xurado do IX Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres reuniuse telematicamente a pasada semana para seleccionar as fotografías gañadoras nesta edición do certame. O concurso contou cunha importante participación, xa que foron 87 as fotografías presentadas, que chegaron ao Grove desde distintos lugares de Galicia, de España e mesmo do estranxeiro. O xurado estivo formado por integrantes do Consello Local de Igualdade e por profesionais da fotografía.

 

O primeiro premio, dotado con 350 euros, recaeu en Enrique Balenzategui Arbizu, de Navarra, pola súa fotografía titulada “Power”; o segundo, de 250 euros, en Nirioxis Belén Rodríguez Pérez, de Dena (Meaño), quen foi galardoada pola súa instantánea titulada “Danza de la esperanza. Autorretrato”; o terceiro premio, de 150 euros, foi para Begoña Cosin Moya, de Puerto Sagunto (Valencia), pola súa foto “Non stop”. Por último, o Premio Impulso á Promoción da Muller quedou deserto.

 

O xurado, composto por Ana María Gondar, Nuria Atanes, Dunia Álvarez, María López, María del Pilar Naveiro e Dolores Moldes, elixiu as fotografías premiadas e tamén preseleccionou as obras presentadas para formaren parte dunha exposición que poderá ser visitada na Sala das Dornas da Casa do Concello ata mediados do vindeiro mes de abril.