Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Subvencións a asociacións, fundacións e e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais

Fecha: 2011-01-25

A OMIX anuncia que no DOG de onte (24/01/2011) saíron convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo estas subvencións, dirixidas ás actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:

 

1) Fundacións con local en propiedade:  acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

2)Asociacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

3)Entidades culturais que non teñan local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 ano: poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.

 

Poderán optar a  elas as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, que radiquen ou teñan sede en Galicia, para o seu equipamento e mellora, sempre e cando realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e desenvolvan as súa actividades habitualmente en Galicia.

 

As solicitudes deberán entregarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (24 de xaneiro de 2011).

 

Máis información: na OMIX (Casa Azul) ou na propia convocatoria, que pode ler completa premendo neste enlace.