Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CELEBRA A FESTA DOS MAIOS 2022

Fecha: 2022-04-06

 

O Grove, 06-04-2022.- o Concello  do Grove recupera este ano a Festa dos Maios.

O concurso terá lugar o 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que o desexen.

Para poder participar, deberán inscribirse na Praza do Corgo entre as 10.30 e as 11.30 h do 1 de maio cubrindo a solicitude de inscrición que lles será facilitada pola organización.  Poderán concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

Todos os maios participantes deberán presentarse ao xurado antes das 11.40 h do 1 de maio na Praza do Corgo. O concurso dará comezo ás 12.00 h e a partir dese intre non poderán participar máis maios no concurso.

Cada participante recibirá 30 euros e establécense tres premios en cada una das categorías:

 

RELACIÓN DE PREMIOS POR CATEGORÍAS

MAIOS

TRADICIONAIS

MAIOS ARTÍSTICOS

COPLAS E

INTERPRETACIÓN

1º Premio

150 euros

1º Premio

150 euros

1º Premio

80 euros

2º Premio

100 euros

2º Premio

100 euros

2º Premio

50 euros

3º Premio

50 euros

3º Premio

50 euros

3º Premio

30 euros