Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle a campaña informativa “A tarifa eléctrica durante o ano 2022”

Fecha: 2022-04-07

 

A Sala das Cunchas da Casa do Concello será o escenario este venres da charla sobre facturación eléctrica.

 

 

O Grove, 6 de abril de 2022. Dende o Instituto Galego do Consumo e da Competencia solicitouse ao Concello do Grove un local no que dar información e asesoramento á poboación local dos cambios que se están a producir no mercado e na facturación eléctrica por medio destas xornadas gratuítas.

 

O Concello pon a disposición da Escola Galega do Consumo a Sala das Cunchas no baixo da Casa do Concello (praza do Corgo, núm. 1) para celebrar estas xornadas.

 

Esta campaña informativa sobre a tarifa eléctrica durante o ano 2022 terá lugar este venres, 8 de abril, ás 17 h no Concello do Grove.