Anuncio de cobramento da taxa pola recollida de lixo, subministración de auga e canon de saneamento da Xunta (2.º semestre/2010)
Fecha: 2011-01-26
Comunícaselles a todos os contribuíntes deste termo municipal que, desde o pasado 17 de xaneiro, xa se comezou a cobrar, en período voluntario, a taxa pola recollida de lixo, subministración de auga e canon de saneamento da Xunta de Galicia correspondente ao exercicio 2010.
Fin do período de cobramento: 17 de marzo de 2011
Logo desa data esixirase o pagamento pola vía executiva co recargo de constrinximento correspondente e os custos do procedemento.
Lugar do pagamento: oficinas municipais de recadación (Casa do Concello)
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h