Axudas enmarcadas no programa “Iniciativa Xove”
Fecha: 2011-01-31
A Oficina de Información Xuvenil municipal informa da publicación no DOG de hoxe da orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras que deberá rexer os procedementos de concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade da Comunidade Autónomo de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as e convocar as devanditas axudas.
Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritarias para desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
- proxectos de ocio e lecer educativos
- proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías
- proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno
Poderán solicitar a axuda:
- Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e reúnan os requisitos establecidos no artigo 4.º desta orde. (Un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18-29 anos).
- As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e que deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (DOG do 31de xaneiro)convocatoria destas axudas.
Máis información: DOG núm. 20, do 31/01/2011)