Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicadas as bases reguladoras do proceso selectivo para o acceso a unha praza de policía local

Fecha: 2011-02-02

O Concello do Grove convoca unha praza da categoría de policía, integrada no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello do Grove, dotada coas retribucións básicas e complementarias correspondentes ao seu grupo de titulación e asignadas ao posto de traballo.

 

Sistema de acceso: concurso de méritos por mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da policía local da comunidade Autónoma de Galicia.

 

Máis información no BOP núm. 22, do 02/02/2011