Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O ESCRITOR ALEX ALONSO GAÑA A XXIX EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA MANUEL LUEIRO REY

Fecha: 2022-12-17

O ESCRITOR ALEX ALONSO GAÑA A XXIX EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA MANUEL LUEIRO REY

O Grove, 16/12/2022.- O escritor e tradutor galego Alexandre Alonso Alonso, máis coñecido como Álex Alonso, ven de ganar a XXIX Edición do Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”.

O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992 e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra co obxectivo de honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.

O xurado do premio composto por Armando Requeixo Cuba, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo, Héctor Cajaraville Araujo e Lionel Rexes Martínez (gañador da anterior edición) reuníronse na tarde do 15 de decembro para ditaminar este XXIX Premio.

Despois de deliberar o Xurado, por unanimidade, acordou declarar como gañadora da presente edición a novela presentada baixo o título a concurso O estranxeiro co lema  Plastidecor.

 

Acto seguido procedeuse a apertura da plica da novela premiada. O autor da obra gañadora resultou ser Alexandre Alonso Alonso