Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa de actividades de educación sexual para a infancia e adolescencia en todos os centros de educación primaria e secundaria do Concello.

Fecha: 2023-01-29

O Concello do Grove, a través do Centro de Información ás Mulleres e o centro de sexoloxía "Con mucho gusto", está a desenvolver un programa de actividades de educación sexual para a infancia e adolescencia en todos os centros de educación primaria e secundaria do Concello. O proxecto, financiado polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, desenvolverase ao longo do curso escolar 2022-2023 e levarase a cabo en tres fases. Compartimos a información referida á primeira fase do programa de actividades.