Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha o Plan ConciliaGrove

Fecha: 2023-05-10

 

 Dende a Concellalía de Deportes e a Concellalía de Educación do Concello de O Grove traballan na programación de actividades que permitan a conciliación, e contribúan a mellorar o tempo de lecer dos rapaces.

 

O Concello reedita as propostas de Conciliación, englobándoas no Plan ConciliaGrove, dentro do cal se oferta a Ludoteca de Verán e o Campamento Deportivo. As familias poderán escoller a cal das actividades queren inscribir ós seus fillos.

 

A Ludoteca de Verán levarase a cabo nas instalacións do “Colexio As Monxas” con  actividades pensadas para nenos de curta idade (3 a 8 anos), en grupos reducidos, con actividades guiadas, nas que, ademáis de disfrutar das propias instalacións (aulas, xardíns, patio cuberto...) haberá saídas casi diarias á praia, praza de abastos, parques, biblioteca, e outras zonas de interese para visitar cos cativos. A Ludoteca de Verán busca facilitar a conciliación familiar e laboral das familias. Potenciar valores coma o compañeirismo, solidariedade e o respecto o medio

ambiente, así coma a igualdade e a non violencia. Potenciar a autoestima e autonomía. Fomentar as relación interpersoais e favorecer a participación activa das diferentes actividades

              

Así mesmo o  Campamento Deportivo desenvolverase nas diferentes instalacións deportivas e espazos ao aire libre do municipio. Nel practicaranse diferentes modalidades deportivas (baloncesto, balonmán, surf, pádel, rutas de sendeirismo, piragüismo, remo etc.), como viña sendo habitual nas anteriores edicións. O Campamento Deportivo busca fomentar a practica deportiva e a vida sana entre os nenos, facilitar a conciliación laboral, e optimizar recursos, dando a posibilidade de coñecer e practicar todos os deportes que se ofertan no municipio, en instalacións públicas, a un gran número de nenos, poñendo en común instalacións municipais e o coñecemento técnico de cada deporte.

 

O Plan Concilia Grove, tanto no Campamento Deportivo como a Ludoteca de Verán, serán actividades que sufragarán en parte as familias, asumindo o concello unha porcentaxe dos gastos directos, así como todos os gastos indirectos tales como suministros, limpeza e desinfección dos espazos donde se leven a cabo as actividades.