Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A XXX EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “MANUEL LUEIRO REY”

Fecha: 2023-05-26

 

  • O prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de setembro de 2023

O Grove, 25/05/2023.- O Concello do Grove convoca a XXX edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey.

O xoves 25 de maio saíron publicadas no BOPPO as Bases  da XXX Edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992, e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, que xa se poden consultar na páxina web do Concello do Grove –www.concellodogrove.es-, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de setembro. Os textos han ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen, en folio din A4, de dou mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 e as follas deberán de estar paxinadas.

O xurado estará composto por cinco persoas, unha delas será o gañador da XXIX edición do premio, Alex Alonso , pola obra “O estranxeiro”, e os outros catro compoñentes serán especialistas en literatura e crítica literaria. O premio único outorgarase por maioría simple de votos.