VERÁN CULTURAL 2023 CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2023-06-28
O Grove, 29 de xuño de 2023.- O Concello do Grove organizou un intenso programa cultural para os meses de verán con diversos espectáculos co fin de buscar o desfrute e participación do público de todas as idades. Esta programación conta co patrocinio do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e Musigal da Deputación de Pontevedra.
Xoves musicais
Os xoves musicais terán lugar na Praza do Corgo coa participación de grupos de moi diferentes estilos e para diversos públicos. O ciclo dará comezo o xoves 6 de xullo coa actuación de A Banda do Sequío. Así mesmo intervirán David Chiquillo e Lote, Carmela Arce e Anxo Rego, Os Firrás, Carolina Rubirosa e Rafa Otero, o grupo Galifunk Brass, Fla-Meco e o Dúo Prisma.
Concertos de verán
Ademais dos xoves musicais, tamén se celebrarán outros concertos:
O luns 24 de xullo na Praza do Corgo a agrupación musical os Firrás, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá unha nova edición de Noite de Serenatas.
O luns 15 de agosto, a partir das 21.00 h no Almacén Vello de Punta Moreiras, terá lugar unha actuación musical a cargo do grupo de pandereteiras Cinco en Zocas.
Actividades infantís
Para o público infantil organizouse o programa Biblioactividades que se desenvolverá todos os martes ás 11.30 h na Biblioteca Municipal do Grove. Para asistir será necesaria inscrición previa.
Este programa arrancará o martes 4 de xullo co espectáculo de maxia cómica “Hocus Pocus” a cargo do Mago Paco. O contacontos “O traxe novo do Rei” a cargo de Tarabelos Teatro, “Bichocas” a cargo de Xarope Tulú, “As historias do Avó Manuel” de Migallas Teatro, o espectáculo “Peor imposible” de Peter Punk, o cantacontos “O son da batea” a cargo de Ollo Piollo e o espectáculo “Mundo máxico” de Pedro Bugarín completarán este ciclo de actividades infantís.
Ademais o luns 31 de xullo terá lugar na Praza do Corgo “O circo do silencio” unha actividade de Escape Room dirixida a público infantil e familiar.
Cinema de verán
O cinema de verán volve ao enclave da Rúa de Santo Antonio e celebrarase todos os mércores. Este ciclo arrancará o día 5 de xullo coa película Encanto, recomendada para público familiar e infantil. Así mesmo, tamén se ofrecerán as proxeccións dos filmes Padre no hay más que uno 3, El extraordinario viaje de T. S. Spivet, Héroes de Barrio, Momias, La Casa Gucci, El Buen Patrón e Llenos de Gracia.
Día da Patria Galega
O 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase un acto institucional que dará comezo ás 21.00 h ao que seguirá o concerto de A Banda da Loba, grazas ao patrocinio do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.
A Banda dá Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, asaltando multitude de escenarios e vilas por todo o país e con traballos publicados como “Bailando as rúas”, “Fábrica de luz” e “hasme oír”
Asociacións Culturais
O programa tamén inclúe actividades de asociacións culturais coas que colabora o Concello:
O sábado 1 de xullo a Asociación cultural Cantodorxo celebrará no Auditorio do Grove o seu 87º Festival de baile de verán.
O domingo 6 de agosto, tamén no Auditorio do Grove, a coral polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño ofrecerá unha nova edición do seu Concerto de Verán.
.png)
