Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

LISTA DEFINITIVA DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS PRAZAS DO PAI PARA O CURSO 2023-24

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 9 de agosto de 2023 aprobouse a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas para poder formalizar a matrícula no Punto de Atención a Infancia (PAI) para o curso 2023-24.

 O listado pódese consultar nesta páxina web e no taboleiro de anuncios do Punto de Atención a Infancia (PAI).

Polo tanto:

1. Todas as persoas que obteñan praza terán 10 días hábiles (*), a contar dende o día seguinte ao da publicación na páxina web do concello da resolución de adxudicación, para presentar o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena a través da sede electrónica do Concello do Grove ou no rexistro do Concello.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

2. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como na páxina web do Concello do Grove

(*) Ata o 25 de agosto de 2023

Impreso matrícula PAI O Grove

LISTA DEFINITIVA DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS


Todas as novas