Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

VOLVEN AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DO GROVE

Despois do verán a Consellería de Deportes volve coas actividades deportivas que realiza ao longo do ano. A partir do xoves 31 de agosto ábrese o prazo de inscrición para as clases de ximnasia de mantemento para maiores, ximnasia para adultos, tonificación e taichi.

As inscricións realizaranse no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo, en horario de 9.00 a 14.00 h ou a través da sede electrónica. Poderán recollerse os impresos a partir do martes 29 de agosto na planta baixa do edificio administrativo.

As clases iniciaranse o 18 de setembro.

A actividades ofertadas a partir do 18 de setembro son as seguintes:

ACTIVIDADE

DÍAS

HORARIO

INSTALACIÓN

PREZO

Ximnasia para maiores

Martes e Xoves

9.00-10.00 h

Pavillón Monte da Vila

2 sesións/semana 12€

Ximnasia para adultos

Luns e mércores

20:30-21:30 h

Pavillón Colexio Rosalía

2 sesións/semana 12€

Tonificación

Luns e mércores

10:45 -11:45 h

Pavillón Monte da Vila

2 sesións/semana 17€

Taichi

Martes e xoves

20.00 a 21.00 h

“Colexio das monxas”

2 sesións/semana 17€

NOTA: A actividade de piscina está pendente de confirmar. Avisarase con tempo e abrirase o prazo para inscrición.

FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS


Todas as novas