Comeza o curso de primeiros auxilios
Fecha: 2011-02-08
A Concellería de Xuventude do Concello do Grove organiza un Curso de primeiros auxilios en colaboración coa Concellería de Seguridade Cidadá. O curso comezará esta mesma tarde nas aulas de formación do centro de Protección Civil (edificio A Torre) e prolongarase ata o vindeiro 1 de marzo.
Terá unha duración de 20 horas e será os martes, mércores e xoves, de 19.00 a 21.00 h. Abarcará temas coma o RCP (reanimación cardio-pulmonar) en nenos, lactantes e adultos, o atragoamento, o shock, ataques epilépticos, desmaios, hemorraxias, feridas, contusións, escordaduras, luxacións, fracturas, tipos de inmobilizacións, queimaduras, etc.
Máis información, na OMIX.