Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Taller de Memoria 2023/2024

Un curso máis o Concello do Grove, a través da Concellería de Servizos Sociais, abre o prazo para inscribirse no taller de estimulación cognitiva para persoas maiores.

Esta actividade vaise realizar dous días á semana, a escoller entre martes e xoves ou mércores e venres, en dúas quendas, de 9.00 a 10.30 h ou de 11.00 a 12.30 h, na antiga escola infantil do Monte da Vila.

Cunha gran demanda entre a veciñanza do noso municipio, o obradoiro de estimulación cognitiva desenvolve actividades que teñen como obxectivo manter e mellorar as capacidades mentais mediante a execución de exercicios nos que logra traballa a plasticidade cerebral, para exercitar o cerebro e axudar a crear novas conexións neuronais.

A inscrición nestas clases o comezará o venres 29 de setembro no Rexistro do Concello, situado na planta baixa do edifico administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben a través da sede electrónica.

O formulario para inscribirse poderá recollerse na mesa da entrada do mesmo edificio administrativo ou mediante instancia xeral na sede electrónica.

As clases iniciaranse a o martes 3 de outubro e finalizarán no mes de xuño do vindeiro ano.


Todas as novas