Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O primeiro tenente de alcalde inaugura os cursos que Benestar oferta na programación de Igualdade 2011

Fecha: 2011-02-09

 

Esta tarde, ás 20.50 h, o primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez Besada, visitará as clases de ximnasia para mulleres que acaban de dar comezo nestes días; así mesmo presentaralles ás participantes o programa de Igualdade e Benestar para este ano, no que se contemplan estes cursos entre outras moitas actividades, como o Día da Muller Traballadora, que centra os actos desta programación. A visita será no pavillón do colexio Rosalía de Castro.

 

Por outra banda, tamén visitará coa mesma finalidade as persoas maiores que teñen as clases de ximnasia e piscina mañá ás 10.00 h. Nesta ocasión a cita será no pavillón municipal dos deportes.