Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Clases de tonificación

O Concello do Grove a través da Concellería de deportes abre o prazo para inscribirse nun novo grupo de clases de tonificación. 

Esta actividade realízase dous días a semana : Os martes e xoves de 21:10 a 22:10 h, no antigo “colexio das monxas”. O prezo da actividade son 17 euros o mes.

Esta actividade impártese desde hai dous anos, en horario de mañá, tendo unha grande demanda entre a veciñanza. Está dirixida a todas aquelas persoas a partir dos 18 anos que queiran aumentar a resistencia, tonificar a musculatura, mellorar a concentración e a postura corporal.

O prazo de inscrición das clases comezará o luns 20 de novembro no rexistro do Concello no edifico administrativo en horario de 9:00 a 14:00 h, ou ben a través da sede electrónica.

As inscricións poderán recollerse no edificio administrativo na mesa da entrada ou ben na páxina web do concello. 

As clases iniciaranse na primeira semana de decembro e finalizaran a finais de xuño.

DESCARGA FORMULARIO DE INSCRICIÓN


Todas as novas