Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Probas para a obtención do Celga en 2011

Fecha: 2011-02-10

O SNL do Concello do Grove informa que a Secretaría Xeral de Política Lingüístia publica no DOG de hoxe a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2011. En Galicia haberá unha única convocatoria no mes de xuño, e os lugares máis próximos ao Grove onde se van realizar son Vigo e Santiago de Compostela.

 

DATAS DOS EXAMES

Convocatoria de xuño (exames en Galicia, España e Europa)

-Celga 1: 26 de xuño

-Celga 2: 19 de xuño

-Celga 3: 25 de xuño

-Celga 4: 18 de xuño

 

PRAZO DE INSCRICIÓN

-Convocatoria de xuño (exames en Galicia, España e Europa): ata o 29 de abril  

 

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición, se o desexan, no SNL municipal (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey).

 

Convocatoria completa no DOG 10/02/11 (.pdf)

 

Así mesmo, desde o SNL lembran que ata o 28 de febreiro continúa aberto o prazo de inscrición para o curso preparatorio do Celga 4 que organiza o Concello. Este curso está programado para que comece o 4 de abril e remate o 13 de xuño, de  luns a xoves nun horario de 20.00 a 22.00 h.