Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Obradoiro de caracterización, maquillaxe e disfraces para o Entroido

Fecha: 2011-02-14

 

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove organiza un obradoiro de maquillaxe e caracterización para o Entroido.

 

Farase en colaboración coa asociación Abrakadabra de Pontevedra e terá unha duración de 8 horas. Desenvolverase os dias 23 e 24 deste mes e terá como obxectivos aprender técnicas de elaboración de disfraces, coñecer distintas formas de maquillaxe para a animación, aprender a facer patróns, coñecer materiais alternativos, materiais para maquillaxes, efectos especiais, maquillaxe de fantasía, etc.

 

Está destinado a persoas maiores de 18 anos, persoal do mundo do lecer e o tempo libre, profesionais da educación e público en xeral.  

 

O prezo da actividade é de 33 euros.

 

Para maior información e inscricións, poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuveni (OMIX), na Casa Azul, teléfono 986 730 609 e correo electrónico: omix@concellodogrove.com.

 

Pode baixar a ficha de inscrición premento no seguinte enlace:

Ficha de inscrición para o obradoiro caracterización, maquillaxe e disfraces

(Unha vez cuberta cos seus datos, deberá facerlla chegar á OMIX.)