Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Volven as Actividades Deportivas do Concello do Grove para o Curso 2024-2025

A Concellería de Deportes do Concello do Grove anuncia o inicio do prazo de inscrición para as actividades deportivas do curso 2024-2025, que se abrirá o xoves 5 de setembro. Entre as actividades ofertadas inclúense ximnasia de mantemento para maiores, ximnasia para adultos, tonificación en diferentes horarios, e clases de taichi.

Detalles das Actividades:

  • Inscricións: Poderán realizarse no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo, en horario de 9:00 a 14:00, ou a través da sede electrónica. Os impresos estarán dispoñibles a partir do martes 3 de setembro na planta baixa do edificio administrativo.
  • Inicio das clases: A semana do 16 de setembro.

Actividades Ofertadas:

  • Ximnasia para maiores: Martes e xoves, de 9:00 a 10:00 h, no Pavillón Monte da Vila. Prezo: 12 €.
  • Ximnasia para adultos: Luns e mércores, de 20:30 a 21:30 h, no Pavillón do Colexio Rosalía. Prezo: 12 €.
  • Tonificación:
    • Luns e mércores, de 10:45 a 11:45 h, no Pavillón Monte da Vila. Prezo: 17 €.
    • Martes e xoves, de 21:10 a 22:10 h, no antigo Colexio das Monxas. Prezo: 17 €.
  • Taichi: Martes e xoves, de 20:00 a 21:00 h, no antigo Colexio das Monxas. Prezo: 17 €.

Nota: A actividade de piscina está pendente de confirmación. Avisarase con tempo e abrirase o prazo de inscrición correspondente.

CADRO INFORMATIVO
APERTURA DE PRAZO O 5 DE SETEMBRO

DESCARGA FOLLA DE INCRIPCION


Todas as novas