Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO DO GROVE ENTREGA O XXX PREMIO MANUEL LUEIRO REY

O Grove, 21/10/24.- O Concello do Grove acolle o venres 25de outubro unha das citas máis significativas a nivel cultural.

O venres 25 de outubro, a partir das 20.00 h, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” acollerá o acto de entrega do XXX Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey” a Alberto Mancebo Soto, gañador da edición coa obra Indolente publicada por Edicións Xerais de Galicia.

O acto, dirixido pola Concelleira de Cultura Mª Pilar Galiñanes Castro, contará coa intervención do alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos Rico, e de Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado. A xornada estará amenizada con intervencións musicais.

Membros da corporación, xurado, a familia de Lueiro Rey, amigos e veciñanza do Grove acompañarán ao gañador neste acto. Agasallarase cun exemplar da obra premiada a cada un dos asistentes.

O concello do Grove tamén quere agradecer a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra na financiación deste importante certame.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nesta importante cita cultural.

convite

Todas as novas