Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O AUDITORIO DO GROVE INICIA O SEGUNDO SEMESTRE DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS

Fecha: 2024-10-28

O Grove, 28  de outubro de 2024.- O Auditorio do Grove inicia o segundo semestre do 2024 da Rede Galega de Teatros e Auditorios cunha programación de grande calidade.

O programa desenvolverase durante o mes de novembro e estará integrado por 3 espectáculos,2 de eles para público adulto e 1 espectáculo dirixido a público familiar e rapazada a partir de 3 anos.

Made in Galiza. 03 de novembro, 19.30 h

“Made in Galiza” a cargo da compañía Sarabela Teatro

Esta representación teatral,dirixida por Fina Calleja, trata as cuestións vinculadas á sociolingüística desde unha aproximación cómica e crítica que utiliza o humor para convidar á reflexión. A obra está protagonizada por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto.

A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor re?exivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia  é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o mércores 30 de outubro ou no propio Auditorio do Grove o domingo 3 de novembro, de 17.30 a 19.00 h.

Os contos do lobicán. 24 de novembro, 18.00h.

“Os contos do Lobicán” é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido,destinado a público familiar e rapazada a partir de 3 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a transmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 22 de novembro ou no propio Auditorio do Grove o domingo 24,de 16.30 a 17.45 h.

La Toffana. 30 de novembro, 20.30 h.

La Toffana, o novo traballo da dramaturga Vanessa Montfort que toma como partida o xuízo real deste fascinante personaxe histórico e con el penetrámonos na sociedade do SXVII.

 A obra está interpretada por Victoria Teijeiro, Amaranta Munana, Aitor de Kintana e apropia María Herrero, quen presenta a historia de Giulia Toffana, unha boticaria siciliana do século XVII que se fixo famosa por ser a inventora do veleno coñecido como auga toffana. Giulia comezou a vender esta pócema entre as mulleres romanas que querían enviuvar para librarse dos seus esposos maltratadores nunha época en que era legal o Feminicidio e a maioría das mulleres morrían en accidentes domésticos e no parto». . A súa filla, GirolamaSpara, foi quen fixo florecer o negocio e, tras varios anos fornecendo dita fórmula, todo veu abaixo cando a Inquisición téndelles unha trampa infiltrando entre as súas colaboradoras á muller do entón xefe da garda. Nai, filla e axudante, sociópatas ou xusticeiras, enfrontaranse ao xuízo da Inquisición renunciando a un avogado ante o expectante pobo de Roma.

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 29 de novembro.


cartel made in Galiza


Cartel Lobicán


La Toffana