Campamentos de verán na Lanzada 2011
Fecha: 2011-02-16
A Deputación de Pontevedra oferta as prazas para os campamentos de verán que se realizarán nos meses de xullo e agosto no Centro de Vacacións A Lanzada.
Estes campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas domiciliados no noso concello e nados entre os anos 1998 e 2003 (ambos incluúidos).
As persoas interesadas poderán solicitar unha quenda das 11 que oferta a Deputación e a principios de marzo sairá a listaxe de admitidos/as coa quenda que se lles adxudicou.
Máis información:
Para inscribirse, poden dirixirse ás oficinas da OMIX, na Casa Azul.